Carteis de sinalización do tabaco
O Ministerio de Sanidade e Consumo elabourou unha serie de carteis de sinalización a raíz da Ley 28/2005.
Lembra que se tes un negocio de hostalería debes colocar os carteis informativos nas entradas, de forma que sexan claramente visibles:
- no exterior do centro ou establecemento con independencia de que as portas de entrada se atopen abertas ou pechadas e a unha altura de entre 1,5 e 2 metros do chan
- no interior deben estar en lugares visibles e a razón de, como mínimo, un cartel por cada 30 m2 de superficie útil.