Volver

#ACULTURASEGUE

Pregón do Belén de Begonte 2020

 

 

 

  

 

O secretario xeral de Política Lingüística pronunciou o pregón co que se abre, en 2020 de maneira virtual, o famoso Belén de Begonte.

O Belén de Begonte, que en 1972 puxeron en marcha José Domínguez Guizán e José Rodríguez Varela, está composto de figuras animadas electronicamente coas que se conforma unha escena de belén de ambientación galega, onde os labregos cultivan a terra, os pastores atenden o gando, os carpinteiros traballan a madeira e os pescadores pescan.

No transcurso dos anos o belén foise ampliando e transformándose para que os centos de visitantes habituais que cada Nadal chegan de toda Galicia teñan sempre novidades que ver e que contar. Na sala contigua montouse o Museo do Belén, onde se van incorporando en cada edición os edificios, as figuras e os conxuntos animados que se renovan cada decembro.