Volver

#ACULTURASEGUE

Non vale parar. AEB Comunicación e Deseño

Obra realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

A Mostra Intenacional de Ribadavia (MIT) é un dos festivais de teatro máis importantes do Estado e tamén do ámbito internacional. En xullo de 2020, un ano máis chegaba á capital do Ribeiro. Era a súa 36 edición, pero nin se trataba dun ano calquera nin ía ser unha MIT como as que viramos ata o momento.

O documental Non vale parar permitiranos ser espectadores desa MIT tan especial e, a través de pequenas mostras dos espectáculos e de entrevistas con público, actores, críticos, técnicos ou persoal organizador do festival, ver, non só aquilo que distingue esta edición das anteriores, senón tamén os valores que singularizan desde sempre a Mostra de Ribadavia: a aposta polo internacional, pola innovación e a contemporaneidade, polo turismo cultural e de interior, pola convivencia e a potenciación de pontes internacionais e de alianzas.