Volver

#ACULTURASEGUE

Arinomoude. Xarda Sociedade Cooperativa

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Documental que achega dúas terras afastadas e dúas rutas irmás: o Kumano Kodo xaponés e o Camiño de Santiago.

Moitas veces, os filmes documentais presentan unha imaxe estereotipada de Xapón, inzada de tecnoloxía, grandes cidades e frikis, pero o País do Sol Nacente é moito máis. Alén de Tokio hai vilas e aldeas non tan diferentes das galegas, como descubriremos neste traballo a través das imaxes de paisaxes e do diálogo con persoas que falan de primeira man das dúas rutas de peregrinación máis importantes de Galicia e de Xapón, o principio e a fin do mundo.