Volver

#ACULTURASEGUE

Historias de vida. Danga Danga

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Este é un documental sobre o rural galego e o seu progresivo despoboamento. Segundo o Instituto Galego de Estatística temos en Galicia máis de 154.000 persoas maiores de 70 anos. A gran maioría vive en núcleos rurais que, aos poucos, se van baleirando. Co abandono do rural pérdese un xeito de vida que nada ten que ver co das cidades: o contacto coa natureza e cos veciños, o ritmo lento, valores e relacións baseadas na confianza mutua... De todo isto falan neste filme homes e mulleres que naceron en aldeas cheas de viva e aínda viven nestes núcleos de poboación onde, hoxe, a falta de relevo xeracional é unha realidade. Como contrapunto, entrevístase tamén a habitantes retornados ás súas orixes rurais. Son retratos filmados que contan historias de sabedoría cunha linguaxe narrativa sinxela e pausada. Cos uns e cos outros componse unha sinfonía aldeá que se transforma en drama antropolóxico e social.