Volver

#ACULTURASEGUE

O segredos da escaleira de Bonaval. Marcos Cenamor Fandiño

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Proxecto audiovisual arredor dos segredos da escaleira helicoidal obra de Domingos de Andrade, a quen a Real Academia Galega de Belas Artes lle dedicou en 2020 o Día das Artes Galegas.

O documental parte de entrevistas a investigadores do Centro Superior de Investigacións Científicas, da Universidade da Coruña e da Universidade de Santiago de Compostela que lle achegan ao gran público as últimas descubertas sobre o proceso de concepción e de construción da escaleira de caracol do convento de San Domingos de Bonaval.