Longametraxe documental sobre os usos e costumes sociais, centrado no mundo dos canteiros e na súa xerga, o verbo dos arguinas ou latín dos canteiros. Ten o obxectivo de amosar a realidade cotiá dun oficio tradicional que durante séculos pasou de pais a fillos, con forte conciencia gremial.