Volver

#ACULTURASEGUE

O Camiño Portugués da Costa ao seu paso por Oia. Fermento

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Creación audiovisual artística destinada a descubrir o patrimonio monumental, inmaterial e paisaxístico do Camiño da Costa no seu paso pola vila pontevedresa de Oia, así como a explorar a relación entre a  música lírica popular galega e a música litúrxica. Conta coa participación de Aida Tarrío, integrante do trío Tanxungueiras, que se encargará de mostrar o papel da muller na transmisión do patrimonio inmaterial galego e, nomeadamente, da lírica popular vencellada ao Camiño e ao mar, nun encontro musical cos modos ou escalas empregadas durante séculos nas músicas sacras e profanas da nosa contorna. Dálle a réplica  o músico, sacerdote e Prefecto de música da Catedral de Tui Daniel Goberna Sanromán, quen dirixe unha obra de canto gregoriano para catro voces masculinas do patrimonio musical da diocese Tui-Vigo no coro alto da Igrexa de Santa María de Oia, onde se pon en valor ao mesmo tempo o histórico facistol alí conservado.