Volver

#ACULTURASEGUE

Oito cancións de botóns. Mialma Producióis

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Oito vídeos profesionais con entrevistas e miniconcertos de Pedro Pascual e Carlos Quintá, baseados no repertorio do libro De botóns, cancioneiro galego para acordeón diatónico que está a vivir un momento de revival nos escenarios. De botóns é o primeiro gran caderno de repertorio deste instrumento que foi adoptado con moito éxito para a música popular en Galicia a finais do século XIX. Cada vídeo consta da interpretación dunha canción do libro precedida dunha explicación dos artistas sobre a historia da peza, a fonte de recollida, o traballo dos musicólogos, anécdotas, peculiaridades dos artistas, información sobre os instrumentos etc.