Volver

#ACULTURASEGUE

Xela Arias sen fronteiras. Arraianos Producións

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Fotobiografía sonora de Xela Arias, a poeta a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas en 2021. Trátase dun sorprendente percorrido creativo e multidisciplinar pola traxectoria da escritora onde dialogan a literatura, a música, a fotografía, o audiovisual e a videocreación para configurar un relato poliédrico sobre esta autora.