Volver

#ACULTURASEGUE

Wöyza & The Galician Messengers. Cancións populares en clave de música urbana. La Liebre Dinamización Cultural SLU

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Velaquí unha proposta da artista de hip hop e soul Wöyza (Sofía Trigo), con nova banda, The Galician Messengers, e novo repertorio. Incluirá adaptacións de pezas clave do patrimonio histórico-cultural galego (de Curros Enríquez, Los Tamara ou do Pergamiño Vindel, cancións populares da tradición galega e cancións propias).

Wöyza and The Galician Messengers representou Galicia no Museumsuferfest de Frankfurt e foi recollida en Os Mensaxeiros de Galicia. A gravación realizouse na Casa Museo de Uxío Novoneyra, no xeoparque das montañas do Courel e na Sala Rebullón de Mos.