Volver

#ACULTURASEGUE

Viola en oito. Iago Salgado Álvarez

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Curtametraxe documental sobre o proceso de reprodución da viola en oito do ancián número 16 do Pórtico da Gloria.

Mostra, desde unha perspectiva artística e documental, o estudo, medición, reprodución en plano e construción en madeira da peza, ademais de ligar o seu camiño particular co Camiño de Santiago. O documental remata coa interpretación dunha composición co instrumento creado.