No obradoiro. Eva Neira Carballo
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Dous vídeos con cadansúa conversa entre artistas: Daniel Portela (téxtil), Vanesa Iglesias (enmarcadora), Paula Pereira (ilustradora e ceramista), Lúa Fernández e Anxo Varela (tatuadores en pel, roupa, láminas…). Os lugares de gravación foron os seus obradoiros ou estudios.
O proxecto inclúe tamén 4 glosarios ilustrados con termos dos sectores en que estas artistas traballan e ilustracións para as redes sociais. Os obxectivos desta prooposta son fomentar a comunicación en galego en sectores que conectan coa mocidade, amosar o labor das creadoras e creadores que traballan en prol da normalización lingüística e constrúen unha marca diferencial arredor da identidade galega, e conseguir que as empresas e pequenas marcas vexan o galego como un activo para a súa organización.
Casal de Creación e Cavalinho do Demo
Acontravento e Pruden Tattoo