Volver

Corpo de vento: viaxe ao corazón dos órganos galegos. Sirgo Torcendo

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Serie documental da produtora Sirgo Torcendo realizado por Belén Bermejo, directora artística e produtora executiva do proxecto e Andrés Díaz Pazos, encargado da dirección e do guión.

Consta de 4 capítulos sobre o mundo dos órganos, que ten como obxectivo achegar un amplo público ás paisaxes organísticas e á historia da organería en Galicia facendo uso da lingua e cultura galegas. Todos eles abordan diferentes aspectos relacionados con estes instrumentos: desde o contexto xeral do órgano en Galicia, até os principais instrumentos que podemos atopar na nosa terra, facendo tamén referencia aos e ás organistas que traballaron en Galicia e aos organeiros e á industria organeira galega ao longo da Historia.