Tesouros somerxidos. Tex45
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Documental que nos descobre os tesouros arqueolóxicos das profundidades da Costa da Morte. A bordo do Eureka, visítanse distintos puntos marcados nun mapa mariñeiro, entre Fisterra e Corrubedo, para descubrir o que agochan.
Expertos en historia narran a peripecia dos barcos afundidos nesta costa, que se ilustran con imaxes dos pecios, mapas, cartas de navegación, xornais, debuxos e fotografías do arquivo histórico. O proxecto pon en valor o vocabulario mariñeiro.