Volver

Vía Rosalía. A memoria como inspiración. Nós TV

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Programa televisivo que afonda no legado de Rosalía de Castro desde diversas perspectivas: o feminismo, a identidade galega, a súa ollada social e a vixencia da súa pegada nas novas xeracións.

O programa consta de dous capítulos de 30 minutos gravados na Casa da Matanza, en Padrón: “Rosalía como inspiración”, no que interveñen María Reimóndez e Najla Shami, e “A infancia de Rosalía”, con Anxo Angueira e María Xesús Lama.