Volver

Caldo de Gloria. Raúl Andrade García

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Documental que xira arredor dos versos e da historia do poema “Caldo de gloria” de Rosalía de Castro. Os seus obxectivos son poñer en valor a obra da escritora e o patrimonio de Padrón, así como reivindicar a figura da muller galega.

Na primeira parte desta peza audiovisual hai entrevistas a persoas relacionadas coa Casa de Rosalía e a súa Fundación e na segunda a Banda Municipal de Padrón e o Coro Gaos interpretan a composición de Loliña Mosquera e Braulio Cao “Caldo de gloria”.