Volver

A paso de muiñeira polo Camiño de Inverno. Javier Blanco Carballal

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Documental de oito capítulos acerca da saúde, da cultura e do folclore tradicional nas diferentes etapas do Camiño de Inverno. Nel emprégase como nexo de unión a busca de puntos de baile tradicional para elaborar cun grupo a coreografía da "Muiñeira do Camiño de Inverno".

Cada un dos sete primeiros capítulos inclúe unha introdución sobre o lugar onde ser recollen os puntos, presentación do informante, conversa sobre a cultura tradicional na localidade e na contorna e recollida dun punto de baile.

No capítulo 8 reflexiónase sobre o decorrer do Camiño e a chegada ao Obradoiro; preséntase o grupo que elaborou a coreografía da muiñeira e o making off cos ensaios. Finaliza coa interpretación da peza.