Volver

A Ribeira Sacra (onde todo pode ocorrer). Queiman e Pousa

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Proxecto que amosa a Galicia moderna e sostible de hoxe en día e recoñece o labor dos adegueiros que construíron o mundo da “viticultura heroica” e de todas as persoas que emprenderon un produtivo negocio na Ribeira Sacra.

Consta dun videoclip promocional e dun vídeo documental onde se explica o renacemento da Ribeira Sacra a través da creación do Consello Regulador da Denominación de Orixe da Ribeira Sacra, con entrevistas a persoeiros relevantes, visitas a adegas e outras empresas da comarca.

Música: "Canto á Ribeira Sacra" de Andrea Pousa e Bruxo Queiman.

Actor convidado: Antonio Durán Morris.

Dirección: Eugenio Cortegoso