O Camiño de Santiago a pedais. Francisco Outeiral Coira
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Vídeo de animación con consellos para realizar o Camiño de Santiago en bicicleta. Trátase dunha guía práctica e á vez dunha invitación á viaxe. A voz de fondo dun locutor profesional explica as cuestións prácticas e mostra de forma transversal a importancia da experiencia cultural, do patrimonio, da paisaxe e dos valores do Camiño.
O traballo está subtitulado para aumentar a accesibilidade.