Volver

Play aRi[t]mar

Aplicación web desenvolvida pola EOI de Santiago de Compostela co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística a partir dos premios da música e poesía galego-portuguesa aRi[t]mar.

Play. aRi[t]mar é unha plataforma en liña deseñada por danimago que reúne músicas e poesías dos diferentes artistas que resultaron gañadores ou optaron aos diferentes premios aRi[t]mar que se levan convocado desde 2016: músicos como Guadi Galego, Sés, Salvador Sobral ou Ana Moura e poetas como Manuel Rivas, Lupe Gómez, Ana Luísa Amaral ou Nuno Júdice, entre outros. A súa obra preséntase en forma de vídeos musicias e videopoemas, principalmente, aínda que a aplicación tamén conta con versións escritas de poesías e letras de cancións, así como con outro material destinado a enriquecer a experiencia de uso.

As persoas usuarias poden acceder a todos os materiais a través de calquera navegador web ou do dispositivo que desexen, pois a visualización é moi semellante á dunha app, aínda que coas vantaxes e flexibilidade propias dunha versión web.