Volver

Tras o pano: profesionais do sector cultural. A Movida Cultural

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Tres vídeodocumentais que pretenden amosar todo o traballo que hai detrás dos espectáculos culturais e pór en valor a función de todos os traballadores que están por tras dos escenarios, cuxo labor é fundamental para que os artistas poidan dar a coñecer as súas pezas.

Cada capítulo está centrado nunha área temática diferente: teatro, cine e música.