Regueifa FreeStyle. NósTV
Iniciativa realizada para TCRedes en galego ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.
Programa audiovisual en dous capítulos en que se bota man dun estilo musical atractivo para a mocidade como é o rap e o freestyle, ligado tamén á cultura propia galega a través da regueifa, para dinamizar o uso da lingua entre a xente nova e ter novos argumentos que arroupen e animen a dar o paso tamén a neofalantes.
Regueifa Freestyle - Capítulo 1
Regueifa Freestyle - Capítulo 2