Promoción do galego no Reino Unido

No marco da proxección exterior da lingua e da cultura galegas, a Secretaría Xeral da Lingua apoia o programa que o músico e coreógrafo Xisco Feijóo levará a cabo no Reino Unido do 11 ao 13 de xuño e que se concreta nas seguintes actuacións e actividades:

  • 11 de xuño de 2026: concerto Traede Ferrallada en Oxford, en cuxa universidade a SXL conta cun lectorado de galego.
  • 12 de xuño de 2026: obradoiro sobre música popular galega no Instituto Español Vicente Cañada Blanch, en Londres, onde se imparte galego como materia optativa.
  • 13 de xuño de 2026: obradoiros de canto e baile tradicionais e concerto, tamén en Londres, coa colaboración da Rede Galega no Reino Unido (REGA-UK), conformado por persoas e asociacións comprometidas coa lingua e cultura neste país.