Volver

O GALEGO...APRENDELO

Linguaxes específicas

A Secretaría Xeral de Política Lingüística forma o persoal funcionario en linguaxe administrativa e xurídica co fin de contribuír á calidade dos servizos públicos e de garantir o dereito da cidadanía a expresarse e recibir información en galego.

As actuais linguaxes xurídica e administrativa galegas, modernas, simplificadas e comprensibles, deben ser coñecidas polo funcionariado co fin de que este poida mellorar tanto a calidade e eficacia das relacións interadministrativas como as relacións da Administración coa cidadanía.

Con esta finalidade, a Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza –en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP), coas escolas oficiais de idiomas (EOI) e con outros organismos– cursos oficiais, presenciais e en liña, de linguaxes específicas dirixidos ao persoal da Administración.

Nesta sección ponse ao dispor de todas as persoas interesadas unha escolma, en aberto, dos materias empregados nos devanditos cursos, que inclúen manuais, modelos de documentos e cursos en liña (cos seus contidos teóricos, exercicios de autorresolución e recursos).

Materiais de autoaprendizaxe en liña

Materiais de autoaprendizaxe para descargar