Un mundo de palabras

Un mundo de palabras é un espazo para a difusión da cultura da palabra, un punto de encontro de diferentes modos creativos orais, de tempos (gravacións actuais e históricas), de persoas (anónimas e de sona, pequenos e grandes), de culturas e mundos (palabras galegas e doutras linguas), de tradición popular e de autor.

Estrutura

Retallos sonoros de natureza diversa fiados con palabras: música cantada, conversa, recitado, diálogos cinematográficos, parrafeo, conto, entrevista, lectura, desafío, etc.

Seccións fixas

  • Palabras de fóra a dentro: palabras singulares doutras linguas escollidas e explicadas polos seus falantes.
  • E lector: lectura dun fragmento por un lector anónimo.
  • Música con palabras: cortes musicais con letras singulares.
  • Unha entrevista fantástica: entrevista con personaxes coñecidos de distintos ámbitos da sociedade desenvolvida nun espazo imaxinario.
  • Traballadores das palabras: para coñecer as distintas profesións ao redor da investigación lingüística.
  • Palabras con carácter: xogos co significante e co significado das palabras.
  • Epistolario necesario: cadea de cartas sonoras entre escritores que se regalan as palabras que máis cómpren.

Créditos

  • Título: Un mundo de palabras
  • Emisora: Radio Galega
  • Idea, guión e locución: Edith Pazó
  • Realización técnica: Isidro Cea e Chus Silva
  • Periodicidade: Semanal
  • Duración: 30 minutos
  • Franxa horaria: Serán dos sábados, de 21:30 a 22:00
  • Público obxectivo: Todos os públicos