Ides ter un bebé!
Os nove meses de xestación son unha etapa de cambios, de ilusión e, asemade, de certa inseguridade e inquedanza, porque intuídes que a chegada dun bebé cambiará as vosas vidas.
Velaquí algúns consellos que vos axudarán a vivilos con máis tranquilidade e a aproveitalos para preparardes a chegada do voso fillo ou filla, ao situarvos con tempo antes decisións que teredes que tomar cando naza a criatura: darédeslle biberón ou peito?, en que lingua lle ides falar?, mandarédelo á escola infantil?...
Os consellos e ideas divídense nos seguintes puntos:
- Embarazada! Reaccións ante o embarazo
- Coidados prenatais para sentirse ben
- Papá tamén vai ter un bebé
- Os sentidos do bebé
- A importancia da palabra no desenvolvemento
- Decisións durante o embarazo
- Un bo comezo
- A maternidade e a paternidade son para gozalas!