As miñas primeiras Letras Galegas
A Secretaría Xeral da Lingua pon a disposición do público infantil esta serie audiovisual dos Bolechas, baseada na colección de libros do mesmo título, sobre a vida e a obra dos principais autores galegos homenaxeados no Día das Letras Galegas.
Xa están dispoñibles varios capítulos de que se comporá a serie: os dedicados a Ánxel Fole, Carlos Casares, Álvaro Cunqueiro, Manuel Murguía, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro, Roberto Vidal Bolaño, Curros Enríquez, as Cantareiras e María Victoria Moreno. Pouco a pouco, iranse sumando a esta lista os capítulos dedicados a Ramón Otero Pedrayo, Luis Seoane, Uxío Novoneyra e Eduardo Blanco Amor.
De 8 minutos de duración e dirixidos a nenos de 8 a 9 anos, estes capítulos van máis alá da tradicional historia dos Bolechas para alcanzar a difusión da cultura e da literatura galegas, integrando relatos de autores galegos de renome.
Capítulos publicados:
- Cantareiras - Cantiga do raposo
- Curros Enríquez - O divino sainete
- Roberto Vidal Bolaño - Touporroutou da lúa e do sol
- María Victoria Moreno – Mar Adiante
- Carlos Casares – A rapaza do circo
- Manuel Murguía – A primeira luz
- Ánxel Fole – Á lus do candil
- Álvaro Cunqueiro – Si o vello Sinbad volvese ás illas
- Eduardo Pondal – Os Eoas
- Rosalía de Castro – Cantares Gallegos