Volver

#ACULTURASEGUE

Das musas ao teatro. Ana Seoane Suárez

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Das musas ao teatro. O espazo do espectáculo en Galicia é unha publicación dixital de carácter didáctico destinada a nenos e nenas a partir de 6 anos. Foi elaborada pro Sheila García Prado e Ana García Seoane coa colaboración de Quico Cadaval e o Centro Dramático Galego e está destinada a darlles a coñecer os segredos do teatro aos pequenos e pequenas da casa. Trátase dun percorrido ameno e lúdico polo espazo escénico galego que inclúe unha ampla proposta de actividades manuais e creativas.

No primeiro capítulo danse a coñecer diferentes espazos teatrais de Galicia: Teatro da Beneficencia de Ortigueira; Teatro Principal de Ourense, de Santiago e de Pontevedra; Teatro Jofre de Ferrol; Teatro Pastor Díaz de Viveiro; Teatro Rosalía de Castro e Teatro Colón da Coruña; Teatro Afundación de Vigo, antigo García Barbón, e, con máis detalle, Salón Teatro da capital de Galicia, sede do Centro Dramático Galego. Nos seguintes capítulos afóndase nos elementos técnicos e artísticos que conflúen na posta en escena dunha peza dramática, como os personaxes, a luz ou a escenografía. O libro dixital remata cun glosario con 76 termos teatrais.