Volver

Semente de brincar. Xogos cantados de Galicia. Semente Compostela

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Serie de 20 vídeos de recuperación doutros tantos xogos tradicionais cantados e protagonizados por nenos e nenas e persoas adultas.

Serán xogos de palmas (cunha combinación de movementos coordinados coas mans e cos brazos), de roda (con algunha coreografía sinxela) e de corda ou elástico (coa axuda destes instrumentos ou materiais, para coordinar saltos e outros movementos).

Estes audiovisuais teñen como finalidade ofrecerlles recursos para a educación en galego a familias, educadores e centros escolares. Ao mesmo tempo arquívanse pezas do patrimonio cultural galego relacionadas co xogo, recupérase o patrimonio oral e lúdico propio e estimúlanse a oralidade e o xogo en galego.

Lista de reprodución

Para ver todos os vídeos da lista de reprodución, cómpre premer na icona da esquina superior dereita.