Criando lingua. Xurdir Producións
Iniciativa realizada para TCRedes en galego ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.
Proxecto audiovisual que aborda a problemática da normalización lingüística co foco posto na perspectiva da crianza. Cun formato de 'docu-reality', presenta 5 familias de diversa natureza que adoptaron a decisión de criaren os seus fillos en galego.