Volver

Música e xogos para a lingua. Xavier Pérez Vizcaíno

Iniciativa realizada para TCRedes en galego ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.

Resumo audiovisual dun proxecto que xirou arredor dos xogos tradicionais (a billarda, o lanzamento de boina, a bugalliña...) e da música, con pezas de autor orixinais e tamén músicas da tradición galega. A través das explicacións dunha monitora, podemos aprender a xogar a estes sinxelos e divertidos enredos de sempre.