Ñam! Caramuxo Teatro
Iniciativa realizada para TCRedes en galego ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.
Serie de cinco capítulos baseados no exitoso espectáculo teatral Ñam. Dirixida a a nenos e nenas de 1 a 6 anos, é un contido dixital de calidade que permite que os máis novos da casa aprendan conceptos esenciais (como grande/pequeno) e descubran de onde veñen os ovos e o leite, ou como collemos os limóns para facer limoada.
A partir destes cinco capítulos, as familias poderán realizar cinco receitas coas que asentar contidos e palabras aprendidas, porque este audiovisual de calidade para a primeira infancia aspira a promover a vivencia en galego de experiencias atractivas e agradables nun contorno próximo e marcado polos afectos.