Volver

#ACULTURASEGUE

As E-tapas do Camiño de Inverno. Carlos Álvarez Taboada

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Guía gastronómica da Ruta Xacobea de Inverno, que une Sobradelo de Valdeorras con Santiago de Compostela. Está inspirada na sección "Cuchipandas on the road" do programa Gente viajera de Galicia, de Onda Cero, que se emite un venres ao mes.

A guía mostra información histórica e práctica de cada etapa do Camiño, nomeadamente de posibles aloxamentos, receitas, alimentos típicos da contorna e tapas para degustalos. Inclúe pequenas reportaxes de tendas históricas de cada unha das vilas polas que pasa a ruta con indicacións, fotografías e anécdotas acerca delas.