Volver

Camiñantes da diferenza. Claqueta Coqueta

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Miniserie documental de 4 capítulos, dirixida e conducida por Rubén Riós, cuxo obxectivo é poñer en valor o patrimonio inmaterial e material da identidade galega a través da mirada de cinco persoas (Elena Ferro, Antonina Semedo, Jaime González e Javier Fernández) pertencentes a diferentes colectivos.

A serie toma como escenario o patrimonio artístico e monumental do medio natural galego nos distintos puntos do Camiño de Santiago que marcaron a vida das e dos protagonistas. As localizacións abranguen localidades do Camiño Norte, Camiño Francés e Camiño Portugués.

Antonia Semedo

Elena Ferro

Jaime González

Javier Fernández