Volver

Premios Mil Primaveras

Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) convoca unha nova edición dos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego. Estes premios naceron co fin de valorar, recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos cuxo obxectivo principal sexa a valorización e o fomento da lingua e a procura do incremento do seu uso e/ou prestixio.

Con este recoñecemento, a CTNL busca valorar e espallar o bo traballo que se desenvolve no ámbito da normalización lingüística, favorecer que sexa un labor máis apreciado e comprendido socialmente, e compilar accións, proxectos e campañas que poidan servir de modelo ou ser inspiradoras para novas accións.

Poden optar a estes premios todas as accións, campañas, programas e proxectos que teñan como obxectivo principal a posta en valor e o fomento da lingua e a procura do incremento do seu uso e/ou prestixio e que foran desenvolvidas total ou parcialmente en 2019, 2020 ou 2021.