Celga 4 en liña. Resultados definitivos

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convoca a proba en liña para a obtención do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) no ano 2025 (código de procedemento PL500G).

Resultados definitivos

Celga 4 en liña: resultados definitivos da proba do día 5 de decembro de 2025

Resolución do 17 de marzo de 2026, pola que se publican os resultados definitvos da proba en liña do Celga 4 realizada o día 5 de decembro de 2025.

Resultados provisionais

Celga 4 en liña: resultados provisionais da proba do día 5 de decembro de 2025

Resolución do 16 de xaneiro de 2026, pola que se publican os resultados provisionais da proba en liña do Celga 4 realizada o día 5 de decembro de 2025.

As persoas interesadas, mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral da Lingua ou á conta de correo electrónico sxpl.probascelga@xunta.gal, poderán solicitar, no prazo de dez días hábiles, a revisión da proba por parte da Comisión Central de Avaliación, que adoptará a resolución que corresponda e comunicaralles os criterios que determinaron a cualificación obtida. O prazo finaliza o día 30 de xaneiro de 2026.

Data de realización da proba

A proba Celga 4 en liña fíxase para o día 5 de decembro de 2025

A proba comezará ás 09.00 horas. Para realizar a parte escrita, disporase dun máximo de tres horas e, para a parte oral, de trinta minutos.

Conforme o punto 11.1 da convocatoria, con antelación suficiente á data da proba, a Secretaría Xeral da Lingua comunicaralles ás persoas seleccionadas as instrucións que deberán seguir para a súa realización.

Listaxes de persoas seleccionadas e de persoas en agarda

As persoas seleccionadas disporán dun prazo de cinco días hábiles para aboar a taxa de dereitos de exame e presentar o xustificante correspondente

Resolución do 5 de novembro de 2025 pola que se publican as listaxes de persoas seleccionadas e de persoas en garda do Celga 4 en liña

Convocatoria

O número de prazas dispoñibles para realizar a proba en liña do Celga 4 será de cen (100). A proba terá lugar no cuarto trimestre de 2025, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. A data concreta será debidamente publicada no Diario Oficial de Galicia e no propio Portal da Lingua. Se se reciben máis solicitudes ca prazas dispoñibles, a asignación destas farase a través dun sorteo aleatorio puro.

Prazo de presentación de solicitudes (10 días hábiles): do 17 ao 30 de outubro.

Ademais da presentación desta solicitude a través da sede electrónica, as persoas que desexen participar nesta convocatoria tamén deberán presentar unha solicitude de inscrición na proba a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua (https://formacion-lingua.xunta.gal).

Para realizar a proba, as persoas solicitantes deberán dispoñer dun equipamento informático que cumpra, como mínimo, os requisitos técnicos indicados na convocatoria.

Con antelación suficiente á data da proba, a Secretaría Xeral da Lingua comunicaralles ás persoas seleccionadas as instrucións que deberán seguir para a súa realización. A proba en liña seguirá os mesmos parámetros que as probas presenciais.

Celga

Teléfono: 881 996 313 / 881 996 308 / 881 996 307 / 881 996 541 / 881 996 309 / 881 996 310 / 881 996 304

-Dirección física

R/ San Roque, nº 2
15704 - Santiago de Compostela, (A Coruña)

Gabinete Provincial de Normalización Lingüística de A Coruña

-Ángel Míguez López

Teléfono: 981 18 47 20 /18 23 50 /18 48 98
Fax: 981 18 22 30

-Dirección física

Edificio Administrativo de Monelos. Avda. Vicente Ferrer, 2, 7º piso
15071 - A Coruña

Gabinete Provincial de Normalización Lingüística de Lugo

-Mercedes González Castro

Teléfono: 982 29 41 62
Fax: 982 29 41 52

-Dirección física

Edificio Administrativo Rolda da Muralla, 70
27071 - Lugo

Gabinete Provincial de Normalización Lingüística de Ourense

-M.ª Cruz Blanco de Azpiazu

Teléfono: 988 386 659 / 988 386 649
Fax: 988 386 003

-Dirección física

Avda. da Habana, 79, 3º andar - Ourense
32872 - Ourense

Gabinete Provincial de Normalización Lingüística de Pontevedra

-Mª José Blanco Gómez

Teléfono: 986 805 537 / 986 805 529
Fax: 986 80 50 45

-Dirección física

Avda. Mª Victoria Moreno, 43, 6º andar - Pontevedra
36003 - Pontevedra