Plan de dinamización da lingua galega na mocidade
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Lingua da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, está poñendo en marcha o primeiro Plan de dinamización da lingua galega na mocidade, un proxecto co que pretende incrementar a utilización do galego entre a xente nova
A Xunta elaborou este plan coa participación activa e o compromiso das administracións e entidades públicas e organizacións sociais que interveñen no ámbito da mocidade, para que, coa implicación de todos, se cree unha dinámica de actuación encamiñada a poñer en marcha iniciativas dirixidas a aumentar o uso do galego entre mozas e mozos.
O 3 de xullo de 2019, o secretario xeral da Lingua compareceu a peticición propia na Comisión 4ª do Parlamento de Galicia para presentar o Plan de dinamización da lingua galega na mocidade 2019-2022.
Documentos relacionados
-
Plan de dinamización da lingua galega na mocidade 2019-2022 presentado ao Parlamento de Galicia o 3 de xullo de 2019 PDF
-
Documento estrutural básico do Plan de dinamización da lingua galega na mocidade PDF
-
Cuestionario de participación individual PDF
-
Cuestionario de participación en grupo PDF
-
Programa da xornada de presentación do Documento estrutural básico PDF