O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Barcelona (UB), co gallo das Letras Galegas 2016, leva ao Pati de Lletres unha exposición sobre a traxectoria persoal e profesional do cantor da Terra Chá.
Pensado como continuación do primeiro congreso, organizado polo Galician Studies Research group da University of Wisconsin-Milwakee (EEUU), este segundo encontro de galicianistas norteamericanos na University de Michigan-Ann Arbor ten como obxectivo reunir os investigadores e profesores que traballan no campo dos estudos galegos no seu máis amplo sentido e dende calquera aproximación disciplinar ou multidisciplinar.
No marco da Semana das Letras Complutense que este ano lle rende homenaxe ao profesor Zamora Vicente, o Centro de Estudos Galegos da dita universidade organiza un obradoiro de tradución multilingüe dun conto do ilustre romanista ao galego, ao catalán, ao portugués e ao romanés, así como un recital de poemas no que participará o alumnado de Lingua Galega.
A poeta Emma Pedreira acudirá ao Centro de Estudos Galegos da Universidade de Salamanca no marco do ciclo "Demasiados zapatos para pulir. Lecturas contadas", onde sempre comentan a súa obra un poeta galego e outro prortugués.
O Centro de EStudos Galegos da Universidade do Minho (Portugal) organiza a cuarta edición do Día da Galiza en Braga, que se celebrará con conferencias, concertos, recitais e degustación gastronómica.
O Centro de Estudos Galegos de Salamanca proxectará o filme A Esmorga (en VO galega con subtítulos en español), baseado na obra homónima de Eduardo Blanco-Amor.
A proxección estará precedida dunha presentación realizada pola lectora, Lorena Domínguez Mallo, e seguida dun tempo de comentario e/ou debate entre os asistentes.