Tenemos disponibles para consulta 428 actividades
II Encontro Minho-Galiza
11/03/2016 07:22

O Encontro, cuxa segunda edición se celebra este ano, quere contribuír ao recoñecemento entre as culturas da rexión do Minho e Galicia, de raíces comúns.

Conferencia de Mario Regueira
11/03/2016 07:22

O escritor Mario Regueira visita Deusto convidado polo Centro de Estudos Galegos para impartir a conferencia "Por que abandonei a lingua da miña nai pola lingua da miña avoa".

Conversa coa escritora Ledicia Costas
29/02/2016 07:22

Ledicia Costas foi Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e Premio Lazarillo de Creación Literaria.

Entroido e imaxes en Galicia. Universidade de Deusto
16/02/2016 07:22

Conferencia da historiadora e fotógrafa Iria Pena, que fará un percorrido pola historia do Entroido en Galicia, acompañada de imaxes do século XX procedentes de diversos arquivos e autores que ilustran unha das nosas tradicións máis populares.

Entroido e imaxes en Galicia. Universidade do País Vasco
11/02/2016 07:22

Conferencia da historiadora e fotógrafa Iria Pena, que fará un percorrido pola historia do Entroido en Galicia, acompañada de imaxes do século XX procedentes de diversos arquivos e autores que ilustran unha das nosas tradicións máis populares.

Segunda Semana Cultural Convergências Portugal-Galiza
27/01/2016 07:22

Chega á súa segunda edición esta iniciativa promovida polo Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho, o Municipio de Braga e a formación musical Canto d'Aqui.

Seminario e concerto de Samuel Diz
07/12/2015 07:22

O guitarrista e investigador galego Samuel Diz estará na Universidade de Cork o xoves 10 de decembro para ofrecer un día de actividades relacionadas coa música clásica galega.

Magosto tradicional galego
04/12/2015 07:22

Celebraremos a tradicional festa galega do magosto, na que contaremos con viño e castañas asadas para quen queira achegarse.

Proxección d'O Apóstolo e coloquio co seu director
18/11/2015 07:22

No Salón de Graos da Facultade de Letras do Centro de Estudos Galegos da Universidade do País Vasco en Vitoria proxectarase o filme d'O Apóstolo o 20 de novembro ás 11:00 horas .

 

Proxección d'O Apóstolo e coloquio co seu director
16/11/2015 07:22

Na aula 153 da Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade de Deusto proxectarase o filme d'O Apóstolo ás 19:00 horas.