As xornadas terán lugar o 8 e 9 de marzo e 1 de maio en Vilafranca do Bierzo.
Os días 18, 19 e 20 de maio celebrarase na Universidade de Río de Xaneiro a Jornada das Letras Galegas '15, organizada polo Programa de Estudos Galegos. A inscrición é de balde e as conferencias hanse celebrar no Miniauditório da Posgraduação em Letras. Máis información
Con motivo das Letras Galegas, o Centro de Estudos Galegos da Universidade de Roma La Sapienza convida a acudir á representación da peza teatral Romano, de Lino Braxe, a cargo do grupo Espello Cóncavo.
O próximo 14 de maio, o Centro de Estudos Galegos John Rutherford de Oxford (Reino Unido) organiza a proxección de tres curtametraxes do director Álvaro Gago, quen estará presente no coloquio posterior.
O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Salamanca acollerá mañá a conferencia da profesora Marisa Moreda "Subimos ou baixamos? A imaxe da/o galega/o na Península Ibérica". O acto terá lugar o día 7 de maio, ás 11:00 h, no Seminario de Portugués da Hospedería de Anaya.
O vindeiro 29 de abril ás 11 horas na aula 0.16 terá lugar o Seminario "La Enseñanza bilingüe de la lengua gallega en el Bierzo: otras prácticas de enseñanza multilingüe / Galizieraren irakastuntza Bierzo-n: beste praktika batzuk irakaskuntza eleanitzean" organizada pola Cátedra Unesco en colaboración co Centro de Estudos Galegos.
O vindeiro 29 de abril ás 11h00 na aula 0.16 terá lugar o Seminario "La Enseñanza bilingüe de la lengua gallega en el Bierzo: otras prácticas de enseñanza multilingüe / Galizieraren irakastuntza Bierzo-n: beste praktika batzuk irakaskuntza eleanitzean" organizada pola Cátedra Unesco en colaboración co Centro de Estudos Galegos.