Tenemos disponibles para consulta 428 actividades
II Semana Audiovisual Galega
09/11/2015 07:22
O Programa de Estudos Galegos da Universidade Estatal do Rio de Janeiro organiza por segundo ano consecutivo a II Semana Audiovisual Galega, dedicada desta volta á celticidade de Galicia e ao papel do celtismo na contrución identitaria galega.
Novas voces da poesía galega do século XXI
27/10/2015 07:20
O Centro de Estudos da Lingua Galega da Universidade Estatal de Río de Xaneiro organiza o seminario aberto Novas Vozes da Poesia Galega do Seculo XXI, impartido polo profesor da Universidade Paris-Sorbonne Gonzalo Vázquez. Esta é a primeira actividade organizada na cidade de Río para dar a coñecer a inmensa calidade da poesía galega contemporánea.
Debate sobre a variación dialectal en Río de Xaneiro
16/10/2015 07:20
Debate "A diversidade do grupo portugalego. A língua da Galícia", coa participación dos profesores Elisa Fernández Rei e Francisco Dubert, ambos da Universidade de Santiago de Compostela. A profesora Fernández Rei intervirá coa comunicación "A entonação do galego: entre dúas águas", en tanto que o profesor Dubert fará "Um paseio pelos dialetos do galego".
O CEG de Deusto pon en marcha un club de lectura en galego
15/10/2015 07:22
O acto de presentación do club de lectura en galego da Cátedra de Estudos Galegos de Deusto celebrarase o 27 de outubro ás 19:30 horas, na aula 004 da Facultad de Ciencias Sociales y Humanas. A partir dese momento, o club reunirase o derradeiro martes de cada mes, agás no período de vacacións.
Curso de iniciación á lingua galega en Deusto
15/10/2015 07:22
A Cátedra de Estudos Galegos de Deusto organiza un curso de iniciación á lingua galega de 80 horas de duración. Impartirase en dúas sesións semanais de hora e media de duración a partir do 9 de novembro de 2015.
Deusto acolle unha conferencia de Ses sobre a música en galego
15/10/2015 07:20
A cantante María Xosé Silvar, Ses, foi convidada polo CEG de Deusto a impartir a conferencia "A música en Galicia. A música en Galego".
Concerto didáctico de Davide Salvado
09/10/2015 07:22

Davide Salvado presenta o seu novo disco Lobos nun concerto didáctico no que o acompañarán os músicos Santi Cribeiro e Santiago Dalama.

Galiza. Identidades nacionais e soberania na Europa do século XXI. História e desafios de futuro
22/09/2015 07:22

Seminario aberto impartido por Adrián Dios Vicente, graduado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela (2012), onde tamén realizou o Mestrado em Desenvolvemento Económico e Innovación(2013).

Os rogos d'un gallego... en Oxford
01/06/2015 07:22
O Centro de Estudos Gallegos John Rutherford de Oxford convida a profesora Phoebe Oliver a impartir a conferencia "Inquisition, Dissent, and Resonances of Os rogos d'un gallego (1813)". O acto, aberto a todo o público interesado, terá lugar o 4 e xuño ás 17:30 horas no Queen's College.