Tenemos disponibles para consulta 169 iniciativas
Espello Deportivo
12/11/2012 09:29

Iniciativa enmarcada na programación de actividades da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) do ano 2013. Danlle apoio económico tres entidades pertencentes á Rede: a Xunta de Galicia –por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación- e mais as deputacións provinciais da Coruña e de Ourense.

Os Axóuxeres 2012
01/09/2012 09:49

Volven Os Axóuxeres!. Xa pensabades que se acabaran Os Axóuxeres? Pois velaquí os tendes outro ano máis! E volven ben cargados de sorpresas! Novos personaxes, novas cancións, novos xogos… para que os máis pequenos da casa gocen coa lingua galega.

Valentín Paz Andrade
17/05/2012 09:49

Valentín Paz-Andrade nace o 23 de abril de 1898 en Lérez (Pontevedra) e morre en Vigo, o 19 de maio de 1989. Home de profundas conviccións galeguistas espallou o seu pensamento nos ámbitos da avogacía, da empresa, do xornalismo, da política e da literatura.

Os Axóuxeres 2010-2011
01/09/2011 09:49

Os Axóuxeres é unha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística que botou a andar o 4 de setembro. Trátase dun programa de dinamización lingüística dirixido a bebés de 0 a 3 anos que, mediante o xogo, a música e a experiencia sensorial, busca favorecer a incorporación do galego á comunicación entre as familias e os bebés.

O galego campa 2011
29/05/2011 08:00

"O galego campa!" é o novo programa de dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado destinado aos campamentos de verán.

2011 - Lois Pereiro
17/05/2011 09:49

Nacido o 16 de febreiro de 1958 en Monforte de Lemos, Lois Pereiro foi un dos referentes da poesía galega contemporánea. En 1975, con 17 anos, marchou a Madrid continuar os seus estudos e alí fundará a revista Loia, xunto con Xosé Manuel Pereiro, Antón Patiño e Manuel Rivas. Nesta publicación verán a luz os seus primeiros versos, algúns dos cales serán recollidos posteriormente en Poemas para unha loia (1996).

O galego, chave para os teus negocios no mundo
15/02/2011 09:49

A campaña “O galego, chave para os teus negocios”, posta en marcha pola Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua

Uxío Novoneyra
17/05/2010 09:49

Nacido en Folgoso do Courel en 1930, foi un dos referentes da poesía galega contemporánea. Morreu en Santiago de Compostela cando apenas entrara na ancianidade, o 30 de outubro de 1999, e foi enterrado en Lugo, no cemiterio. A bibliografía de Novoneyra é moi complexa, e algúns dos seus poemas máis célebres foron publicados en revistas ou panfletos moito antes de seren recollidos en libro. Unha das obras que podemos destacar é Os Eidos, con poemas escritos entr e1952 e 1953.

Os Axóuxeres 2009
01/09/2009 09:49

Un ano máis, coa chegada do outono, veñen tamén os Encontros dos Axóuxeres para os máis novos da casa. Os Axóuxeres traen historias, música e diversión para os cativos menores de 6 anos.

Desta volta da man dunha compañía pioneira do teatro para bebés en Galicia: Caramuxo Teatro.

Ramón Piñeiro
17/05/2009 09:49

Este ano, a Real Academia Galega decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas a Ramón Piñeiro (Láncara, 1915 - Santiago de Compostela, 1990), intelectual e político galeguista.