Tenemos disponibles para consulta 169 iniciativas
Os Axóuxeres 2008
01/09/2008 09:49

No mes de setembro chega unha nova edición da Festa dos Axóuxeres, un espectáculo para o teu bebé e para toda a familia. Durante todo o mes, os encontros achegaranse a 5 vilas galegas, onde os nenos poderán acudir de balde coas súas familias.

X. Mª Álvarez Blázquez
17/05/2008 09:49

Este ano, a Real Academia Galega decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas a Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 5/02/1915 - Vigo, 2/03/1985), escritor, arqueólogo, investigador e editor galeguista.

Os Axóuxeres 2007
01/09/2007 09:49

Coa idea de animar os pais e as nais a transmitiren a lingua aos fillos desde que nacen, ponse en marcha a iniciativa Encontros dos Axóuxeres para bebés en familia, que se desenvolve en distintas localidades de toda Galicia durante os meses de outono e inverno

María Mariño
17/05/2007 09:49

No 2007, o Día das Letras Galegas estivo dedicado a María Mariño. A poeta, nacida en Noia no ano 1918, viviu máis tarde no Courel, onde faleceu enferma de leucemia en 1967.

Un mundo de palabras
05/03/2007 08:44 | Recurso didáctico

Un mundo de palabras é un espazo para a difusión da cultura da palabra, un punto de encontro de diferentes modos creativos orais, de tempos (gravacións actuais e históricas), de persoas (anónimas e de sona, pequenos e grandes), de culturas e mundos (palabras galegas e doutras linguas), de tradición popular e de autor.

Manuel Lugrís Freire
17/05/2006 09:49

O Día das Letras de 2006 estivo dedicado a Manuel Lugrís Freire a quen Antón Villar Ponte cualificou a Manuel Lugrís como o "benxamín dos Precursores" e, certamente, un dos seus trazos máis definidores foi o de servir de ponte entre os dirixentes máis veteranos do rexionalismo e as máis novas xeracións do nacionalismo que se habían de convocar ao redor do Seminario de Estudos Galegos.

Lorenzo Varela
17/05/2005 09:49

A produción literaria de Varela no exilio non chegou nos máis dos casos a Galicia. Deste xeito, o poeta adscrito á Xeración de 1936, non viu recoñecido en vida o seu labor, o que o levaría a pasar os seus últimos anos en Madrid.

Xaquín Lorenzo Fernández
17/05/2004 09:49

Etnógrafo e historiador, Xaquín Lorenzo Xocas desenvolveu numerosos estudos que contrubuíron á recuperación do folclore e a prehistoria de Galicia. O seu traballo foi recoñecido con galardóns como o Premio Otero Pedrayo -1982- e a Medalla Castelao -1984-.

Avilés de Taramancos
17/05/2003 09:49

A poesía de Avilés de Taramancos plasmou toda a exuberancia da natureza tropical. O autor deixounos, asemade, unha das reinterpretacións máis salientables do mito de Ulises, co que chegaría a identificarse na súa última obra.

Frei Martín Sarmiento
17/05/2002 09:49

A figura de Sarmiento destaca pola súa constante defensa da nosa lingua. Debémoslle asemade a primeira noticia documentada da literatura medieval e as primeiras pesquisas sobre o nacemento do galego.