Toponimos
O sistema Celga ofrece probas para os niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (agás para o Celga 5, que só se pode obter por validación de estudos). Cada ano, a Secretaría Xeral da Lingua publica no Diario Oficial de Galicia dúas convocatorias destas probas.
Os títulos Celga tamén se poden obter por validación de estudos.
A Plataforma de Teleformación da Secretaría Xeral da Lingua é un espazo virtual pensado para a formación en materia de lingua galega.
Para acceder a ela, se é a primeira vez, temos que rexistrarnos creando un usuario e un contrasinal. Para as seguintes veces, debemos poñer o usuario e o contrasinal que creamos.
Existen dúas modalidades: os cursos presenciais e os cursos en liña.
Os cursos en liña poden ser titorizados ou de autoaprendizaxe; a diferenza está en que os titorizados contan cunha persoa docente e os de autoaprendizaxe non.
Na modalidade presencial impártense Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Na modalidade en liña titorizados impártense Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Na modalidade en liña autoaprendizaxe están dispoñibles o Celga 1, Celga 2, Celga 2 en Lectura fácil, Celga 3 e Celga 4.
Cando se abre o prazo de inscrición, temos que cubrir a solicitude na Plataforma de Teleformación da Secretaría Xeral da Lingua. Pode solicitalos calquera persoa maior de 16 anos.
Se un curso ten máis solicitantes ca prazas dispoñibles, a asignación farase a través dun sorteo aleatorio puro.
Ao solicitar un curso, o sistema pídenos que realicemos unha proba de nivel para comprobar que é o adecuado para os nosos coñecementos previos de lingua galega.
Se o resultado da proba de nivel é apto, teremos preferencia na asignación das prazas do curso solicitado.
As probas de nivel están dispoñibles mentres estea aberto o prazo de presentación de solicitudes de inscrición.
Deberemos seguir as instrucións da persoa titora, xa que é quen nos vai indicar cales facer e os prazos de entrega.
Nos cursos de autoaprendizaxe, as actividades preséntanse de forma que o alumnado poida comprobar as solucións ou ver os modelos de resposta, tanto para a escrita como para a oral.
A Lectura fácil é unha maneira de redactar textos ou documentos fáciles de entender.
A Lectura fácil ten en conta o texto, pero tamén os deseños e as ilustracións.
Este curso está adaptado seguindo as normas e recomendacións da redacción en Lectura fácil, que permite unha lectura e unha comprensión máis sinxelas.
Os cursos son gratuítos.
A duración dos cursos é de 70 horas lectivas.
Non, os cursos son preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (Celga).
Non, os cursos Celga son voluntarios.
As probas Celga son presenciais e realízanse en Santiago de Compostela e Ponferrada, en maio e novembro. Desde 2025, a Secretaría Xeral da Lingua tamén convoca probas en liña.
Precisamos ter máis de 16 anos, presentar a solicitude e pagar as taxas correspondentes.
Podemos presentarnos ás probas de varios niveis, xa que se realizan en datas distintas.
Os resultados provisionais publícanse nun prazo máximo de dous meses e os definitivos en catro, na páxina web da Secretaría Xeral da Lingua.