Novas

Temos dispoñibles para consulta  903  novas

17/10/2026 10:53

A Xunta porá en marcha o vindeiro ano 150 cursos de galego para estranxeiros no marco do incremento do 1,5 M€ nos orzamentos de lingua

A iniciativa encádrase nas contas desta área, que en 2027 chegarán a 14,5M€ para poñer en marcha as case 700 medidas do novo Plan xeral de normalización da lingua

O obxectivo desta proposta é dar resposta a gran demanda do programa iniciado o ano pasado, aumentando a súa oferta e chegando ás 2.000 persoas

López Campos avanza que o vindeiro ano tamén se activará unha liña de axudas de 300.000€ para colaborar coas entidades deportivas no impulso do idioma

No eido empresarial, a Administración autonómica ten xa en marcha o decreto para regular o selo de recoñecemento ao uso do idioma nas empresas, actualmente en fase de consulta previa no Portal de transparencia

16/10/2026 02:35

Valentín García destaca o concurso de Poesía Rosalía de Castro como unha “iniciativa que motiva aos escolares ao redor do galego”

O secretario xeral da Lingua participa na presentación da VIII edición do certame co que colabora a Xunta e que “fomenta a creación poética”

A convocatoria para participar está aberta ata o 15 de xaneiro e divídese en tres categorías entre Primaria e Secundaria

15/10/2026 11:18

A Xunta convoca os exames Celga en liña por segunda vez co dobre de prazas que o ano pasado

A proba, que certifica o dominio da lingua no nivel 4, terá lugar o 27 de novembro para un total de 200 persoas

O prazo para presentar as solicitudes é de dez días hábiles a partir do día seguinte da publicación no Diario Oficial de Galicia

As inscricións deben facerse a través da sede electrónica do Goberno galego e da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua

13/10/2026 05:24

Valentín García pon en valor as actividades extraescolares “para prestixiar o uso do galego” no marco do novo Plan Xeral da Lingua

O secretario xeral da Lingua destaca o emprego do idioma “máis alá das aulas, nas accións que se desenvolven nos centros educativos como espazos de socialización”

Acompaña o alumnado participante nun obradoiro de xogos de mesa no colexio Canosa-Rus de Coristanco, que percorrerá outros centros de ensino da Comunidade

06/10/2026 03:35

López Campos dá conta no Parlamento de Galicia das preto de 700 medidas recollidas no Plan xeral de lingua

O responsable autonómico de Lingua debulla as principais liñas de actuación para favorecer o uso do galego entre a poboación foránea, no ámbito dixital e nas redes sociais

A renovación do documento contou coa colaboración dos máis de 130 profesionais que formaron parte das comisións e inclúe preto de 1400 achegas feitas por entidades, institucións e particulares

O texto será sometido a votación no Pleno de mañá despois da súa valoración por parte das formacións políticas