Novas
21/05/2026 03:05
A EGAP pecha os actos de celebración do Día das Letras Galegas animando ás novas xeracións a usar o galego en todos os ámbitos da vida
Participaron o conselleiro de Facenda e Administración Pública e a directora da Escola Galega de Administración Pública
Destacaron o compromiso da EGAP coa difusión e o fomento do emprego da lingua galega
No acto, no que se rendeu homenaxe á escritora e xornalista Begoña Caamaño, fíxose entrega dos galardóns do concurso de literatura infantil e xuvenil organizado pola Escola
20/05/2026 03:17
A Xunta presentará o vindeiro mes a actualización do Plan xeral de normalización da lingua galega
Trátase dunha folla de ruta elaborada a partir do traballo de máis de 100 expertos que formaron parte das 11 comisións constituídas para a renovación do documento
López Campos lembra que a proposta é o “resultado dun proceso participativo con máis de 400 contactos e 1.400 achegas”
Destaca que, ademais, ao abeiro do Pacto pola Lingua tamén “se desenvolveu durante este tempo outro paquete de medidas inmediatas”