A Estrada (Pontevedra), 8 de outubro de 2026.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu á xornada especial en homenaxe a Virxinia Pereira, dedicada á figura e ao legado da estradense, organizada polo Concello da Estrada dentro da programación do Ano Cultural Virxinia Pereira 2026. Participaron nela a mestra e amiga persoal de Virxinia Pereira, Noni Araújo; o presidente da Real Academia Galega e director da Cátedra Castelao da USC, Henrique Monteagudo; o historiador e presidente da Fundación Castelao Miguel Anxo Seixas Seoane; a xornalista e escritora Montserrat Fajardo, a actriz Carmen Méndez e o músico Manoele de Felisa.