Novas

Temos dispoñibles para consulta  872  novas

07/04/2026 01:57

Valentín García gaba a implicación da comunidade escolar e familias en accións que fomentan o galego nos espazos de socialización dos centros educativos

O secretario xeral da Lingua salienta que máis de 2.600 alumnos participaron na cuarta edición do ‘Modo Galego, Actívao!’, que culminará cun festival o 17 de abril

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destaca que reflicte “o compromiso dos máis novos co prestixio do noso idioma e a nosa cultura”

O proxecto pretende explorar novas maneiras de dinamizar a lingua entre a cativada e a mocidade

07/04/2026 11:16

A Xunta contribúe con 290.000 € á celebración de 13 festivais profesionais de artes escénicas en 2026

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude distribúe estas axudas entre citas especializadas en teatro, monicreques, circo, danza, improvisación e monólogos

A convocatoria deste ano incrementou a súa dotación nun 3,5 % respecto a 2025 

O apoio do Goberno galego reforzará o papel destes encontros na dinamización cultural e na proxección dos espectáculos de produción galega

30/03/2026 03:08

A Xunta aproba o Nomenclátor de Galicia 2026 coa modificación de 2.531 denominacións de concellos, parroquias e lugares

Rueda salienta que con esta actualización, na que se analizaron 4.398 topónimos, prodúcense cambios na denominación de 14 municipios

Resalta que o Goberno autonómico cumpre coa súa responsabilidade na salvagarda da identidade galega a través do mantemento e recuperación dos nomes históricos dos lugares que existen en Galicia

Ratifícase así a proposta presentada no mes de xullo no pleno da Comisión de Toponimia, tras a revisión do último documento de 2003

Incorpóranse 1.655 novos rexistros con respecto ao último documento, acadando un total de 42.909

O estudo, realizado polo Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, baséase na etimoloxía, na documentación histórica, no uso oral e escrito e na tradición gráfica

20/03/2026 01:36

A Xunta percorrerá 18 concellos cun programa específico para escolares co gallo das Letras Galegas

O espectáculo de ‘As mil e unha’ céntrase na figura da escritora homenaxeada na edición deste ano

18/03/2026 12:51

O Centro Dramático Galego estrea 'Hamlet' nunha gran produción dirixida por Tito Asorey

A montaxe poderá verse no Salón Teatro de Santiago de Compostela desde o 19 de marzo ata o 3 de maio con funcións de mércores a domingo ás 18,00 h

A versión galega do clásico de Shakespeare, adaptada por Vanesa Sotelo e Tito Asorey, dialoga co presente desde unha proposta escénica de gran formato a cargo de 16 intérpretes

A temporada de representacións complétase cun conxunto de actividades paralelas e accións de accesibilidade, transporte e mediación que prevén mobilizar preto de 2000 asistentes

Haberá novas ‘ImproVersións’, ‘Faíscas CulturaIs’ e sesións dobres combinadas coa coprodución ‘Mala vida e pior morte de Ricardo III’

16/03/2026 01:52

A Xunta e a Fundación Otero Pedrayo distinguen institutos do Porriño, Vigo e Negreira por difundir no ‘Ano Oteriano’ a figura deste intelectual

Valentín García salienta o papel destes premios para “manter vixente o valioso legado” do Patriarca das Letras Galegas entre as xeracións máis nova”

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destaca que o Goberno galego está a consensuar coas principais institucións culturais galegas o deseño conxunto dunha programación por esta efeméride

13/03/2026 12:44

Valentín García pon en valor a contribución á produción poética en galego do festival ‘Alguén que respira!’, impulsado co apoio da xunta

O certame ofrecerá na capital galega do 18 ao 21 de marzo recitais, faladoiros, cinema, música e propostas performáticas

Olga Novo, Premio Nacional de Poesía, abrirá un programa con corenta voces creadoras como Andrea Nunes, Simon Ó Faoláin ou Guadi Galego

Inclúe a entrega dos premios de poesía para estudantado galego que reciben este ano Mariano Blanco, Mencía Rodríguez, Lucía Gaute e Carmen Fernández