Temos dispoñibles para consulta 442 convocatorias
XV Premio de Narrativa Breve Repsol
01/07/2021 14:35 Premios e certames

A Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega, convoca a décimo quinta edición do Premio de Narrativa Breve Repsol.

PRAZO: Antes do 31 de xullo.
22/06/2021 09:00 Axudas

Adxudicación do financiamento dos proxectos de fomento do uso do galego dos equipos de dinamización da lingua galega dos centros de titularidade privada das provincias de Lugo e Ourense que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2020/21, ao abeiro da Orde da Consellería de Cultura, Educación e Universidade do 23 de decembro de 2020 

PRAZO: Data límite para presentar a xustificación dos gastos - 30 de xuño de 2021
10/06/2021 16:30 Axudas

Adxudicación do financiamento dos proxectos de fomento do uso do galego dos equipos de dinamización da lingua galega dos centros de titularidade privada das provincias da Coruña e Pontevedra que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2020/21, ao abeiro da Orde da Consellería de Cultura, Educación e Universidade do 23 de decembro de 2020 

PRAZO: Data límite para presentar a xustificación dos gastos - 30 de xuño de 2021
III Premios de <em>podcasts</em> en galego Xosé Mosquera Pérez
07/06/2021 10:25 Premios e certames

O IES Rosalía de Castro e Arraianos Producións, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e doutras entidades, convocan os III Premios de Podcasts en galego Xosé Mosquera Pérez “O vello dos contos”.

02/06/2021 09:00 Axudas

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden as axudas aos proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento PL500A)

X Certame de relatos breves Feiraco
07/05/2021 12:35 Premios e certames

O certame de microrrelato que Feiraco Lácteos SL organiza en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística con motivo do 17 de maio, Día das Letras Galegas, fai 10 anos. Por este motivo, para participar haberá que presentar un relato de ata 500 caracteres, orixinal e en galego, que comece coa frase "Hai hoxe 10 anos...". O concurso está dirixido a persoas a partir de 13 anos.

PRAZO: Ata o 31 de maio.
II Certame infantil de artes plásticas Feiraco 2021
07/05/2021 12:35 Premios e certames

Feiraco Lácteos SL e a Secretaría Xeral de Política Lingüística organizan, con motivo do Día das Letras Galegas, un certame de artes plásticas con técnica e formato libres e coa temática "Leite con letras".

PRAZO: Ata o 31 de maio.
VII Premio Literario Nortear para o ano 2021
07/05/2021 12:35 Premios e certames

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, xunto coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, no marco do programa europeo POCTEP, desenvolven o proxecto Nortear. Entre outras actuacións contempla a realización dun premio literario anual que vai pola súa VII edición no ano 2021.

PRAZO: Do 2 decembro de 2020 ao 30 xuño de 2021
Xornada do Día das Letras Galegas. Xela Arias
16/04/2021 16:35 Formación

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), organiza a VII Xornada do Día das Letras Galegas, que terá como protagonista a autora homenaxeada este ano pola RAG, Xela Arias.

PRAZO: Inscricións ata o 21 de abril de 2021.